Comeza a renovación do parque da Praza García Bayón en Ribeira

Comeza a renovación do parque da Praza García Bayón en Ribeira
Comeza a renovación do parque da Praza García Bayón en Ribeira

A área infantil permanecerá pechada durante un mes para realizala obraC

A renovación do parque de xogos da praza García Bayón de Ribeira comezou onte e prolongarase duran alomenos un mes. Trátase dunha actuación complementaria ás obras de reordenación do paseo do Malecón. 

A renovación comezará coa desmontaxe dos xogos existentes e a colocación dun pavimento de caucho continuo por toda a área recreativa, razón pola cal na mañá do mércores se iniciaron os traballos para valar este espazo, que permanecerá pechado durante un mes.

O novo parque infantil terá capacidade para que un total de 140 usuarios con idades de 0 a 14 anos poidan facer uso simultáneo dos xogos que alí se van situar, distribuídos en dúas zonas en función dos tramos de idade. Entre os elementos, destaca un xogo especial en forma de nasa que foi especialmente deseñado para a cidade ribeirense: estará equipado con iluminación LED e incorporará un tobogán tubular de grandes
dimensións; unha rampa de deslizamento; tres plataformas polas que a rapazada poderá ascender ou descender unha a outra; unha liana de ascenso, unha rede inclinada de cuadrícula de trepa e unha zona de
presas de escalada.

Comentarios