Todo listo para o inicio dos traballos de humanización do Campus Sur

Todo listo para o inicio dos traballos de humanización do Campus Sur
Todo listo para o inicio dos traballos de humanización do Campus Sur

Os traballos serán realizados por Concello e USC


O concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e o responsable de Barrios e Obras, Javier Fernández, achegáronse onte ata o Campus Sur para ultimar os detalles do inicio dos traballos de humanización da zona, que levarán a cabo conxuntamente o Concello e a USC. Estiveron acompañados do xerente da Universidade, Javier Ferreira; e do responsable de Proxectos Institucionais, Xosé Antonio Rubal.

Entre as infraestruturas contempladas está a creación dunha senda segura, debidamente iluminada e sinalizada, que terá un efecto disuasorio ante comportamentos que supoñan un perigo potencial. Está previsto que nas vindeiras semanas se acometan os primeiros traballos conxuntos deste proxecto de humanización do Campus Sur, no que tamén están programadas podas de árbores e arranxo e substitución de mobiliario urbano deteriorado.

Comentarios