Máis de 8.000 consultas turísticas nos centros de recepción de visitantes de Ribeira

Máis de 8.000 consultas turísticas nos centros de recepción de visitantes de Ribeira
Máis de 8.000 consultas turísticas nos centros de recepción de visitantes de Ribeira

A Casa da Costa do Parque Natural de Corrubedo é o que máis consultas recibiu

O verán chegou o seu fin e o Concellos de Ribeira quixo face balance dan visitas contabilizadas nos catro centros de recepción de visitantes de  carácter turístico existentes no municipio(Malecón, Xarás, parque periurbano de San Roque e CELGA),que arroxaron unha cifra global de 8.172 consultas.

Así, cabe salientar que o CELGA (a Casa da Costa do Parque Natural de Corrubedo) sumou durante os meses de xullo e agosto un total de 3.491 consultas (1.315 e 2.176, respectivamente). En canto aos puntos de información turística dependentes do Concello (Malecón, Xarás e San Roque), sumaron un total de
4.681 consultas de 15 de xuño a 15 de setembro.

Cómpre puntualizar que estas son consultas de visitantes atendidas por persoal de distintos centros, que non equivalen ás moitísimas persoas que, de xeito autoguiado e sen estar contabilizadas, acudiron a lugares de interese como o citado complexo dunar ou outros enclaves como o parque periurbano de San Roque, o miradoiro de Pedra da Ra ou o Castro da Cidá.

Comentarios