O campo da Fieiteira terá céspede artificual de última xeración

O campo da Fieiteira terá céspede artificual de última xeración
O campo da Fieiteira terá céspede artificual de última xeración

O Concello de Ribeira adxudicou o subministro mediante renting dun novo céspede artificial de última xeración para o campo da Fieiteir

O Concello de Ribeira adxudicou o subministro mediante renting dun novo céspede artificial de última xeración para o campo da Fieiteira, ademais da renovación do sistema de rego e a dotación doutro
material deportivo auxiliar.

Esta agardada intervención foi adxudicada á empresa Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. O prezo total do contrato ascende a un total de 222.040,48 euros e o prazo de execución das obras é dun mes e medio.Así, a instalación municipal recibirá un novo céspede de última xeración, con homologación FIFA QUALITY PRO, que permitiría incluso a disputa de partidos de categoría nacional. Ademais, dotaráselle dunha nova rede de rego automático, con cañóns emerxentes de gran alcance situados fora do rectángulo de xogo.

Unha vez concluídas estas obras, instalaranse porterías regulamentarias de fútbol 11 e fútbol 7 (neste último caso, abatibles) e banderíns nas catro esquinas do terreo.

Comentarios
Lo más