O Concello de Ames únese este venres á campaña contra o cambio climático

O Concello de Ames únese este venres á campaña contra o cambio climático
O Concello de Ames únese este venres á campaña contra o cambio climático

O Concello de Ames tamén se sumou a esta iniciativa e mañá venres, 27 de setembro, os traballadores e traballadoras municipais farán un paro de consumo enerxético no seu traballo, de 12.00 a 12.05 horas


O Concello de Ames únese este venres, 27 de setembro, á campaña contra o cambio climático cun paro de consumo enerxético no seu traballo, de 12.00 a 12.05 horas. Deste xeito, trátase de facer visible que é preciso poñer en marcha distintas medidas urxentes co obxectivo de frear o cambio climático.

Por outra banda, o Concello de Ames participa novamente na iniciativa “Móllate polos ríos”. Coordinada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), a actividade consiste na limpeza simultánea de lixo en distintos ríos e regatos de Galicia. En Ames, realizarase a limpeza duns 2.000 metros de cauce de tres ríos diferentes: Sar, Ameneiral e Rego dos Pasos.

Desde a Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Rural convídase á veciñanza amesá a participar desta iniciativa, que se desenvolverá este domingo, 29 de setembro. As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata este venres 27, ás 14.00 horas, enviando un correo ao enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal. Haberá servizo de autobús dende O Milladoiro.

Comentarios