Aprobaba a modificación urbanística da parcela na que se construirá a futura Cidade da Raqueta

Aprobaba a modificación urbanística da parcela na que se construirá a futura Cidade da Raqueta
Aprobaba a modificación urbanística da parcela na que se construirá a futura Cidade da Raqueta

Deuse o visto bo á modificación puntual do plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral de equipamento deportivo ZD-2


O Pleno da Corporación, nunha sesión que se iniciou co minuto de silencio polas vítimas da violencia machista, en materia de Urbanismo, abordáronse por unanimidade tres puntos. 

Así, acordouse provisionalmente a modificación puntual do PXOM nas disposicións transitorias 2ª e 12ª, respecto ao Plan parcial de Fontiñas e PERIS de Concheiros, Vieiro e Outeiro. Xa de xeito definitivo deuse o visto bo á modificación puntual do plan especial para o desenvolvemento do sistema xeral de equipamento deportivo ZD-2, na área deportiva de San Lázaro, que se transformará na futura Cidade da Raqueta.

Finalmente, acordouse a ampliación de usos permitidos na reserva de equipamento EU-9, na rúa de Casas Reais, 8, isto é, o coñecido como antigo Banco Simeón, agora Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega, que ata agora era utilizado pola USC e que o novo Goberno municipal quere destinar a sede da Oficina da Cidade Histórica.

Comentarios