Retrocede a poboación que fala sempre en galego fronte ao castelán

Retrocede a poboación que fala sempre en galego fronte ao castelán
Retrocede a poboación que fala sempre en galego fronte ao castelán

O Instituto Galego de Estatística (IGE) fixo públicos hoxe os datos do Módulo de coñecemento e uso do galego da Enquisa estrutural a fogares de 2018

A poboación que ala sempre galego situouse en 2018 no 30.57%, o que supón 0,63 putnos menos que fai cinco anos. Por contra, a cidadanía que fala máis a linguga galega que o castelán aumentou 1,43 puntos con respecto a 2013, ata situarse no 21,72%.

O Instituto Galego de Estatística (IGE) fixo públicos hoxe os datos do Módulo de coñecemento e uso do galego da Enquisa estrutural a fogares de 2018.  O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez compareceu esta mañá ante os medios para valorar os resultados. O conselleiro cualificounos de “positivos”, por canto é a primeira vez, desde que en 2003 se comezara a publicar este estudo, en que medra o número de persoas que fala o galego de maneira habitual. “Hoxe falan galego máis persoas que hai cinco anos”, cando se realizou o último estudo.

Algo máis do 24% dos residentes en Galicia fala sempre en castelán, o que supón 1,85 puntos porcentuais menos que en 2013. En 2018 o 57,59 por cento dos galegos de cinco ou máis anos manifestou saber falar galego moito; o 30,46%, bastante; e o 11,95%, pouco ou nada. Entre a poboación menor de 15 anos, a porcentaxe que saben falar pouco ou nada a lingua galega sitúase no 23,9%, mentres que entre os de 65 ou máis anos redúcese ao 8,84%.

O uso do galego, segundo o IGE, "é desigual" dependendo da idade da poboación. Así, o 48,48% das persoas de 65 anos ou máis fala habitualmente só nesta lingua e un 24,91% utilízao máis que o castelán. Mentres, entre os mozos de 5 a 14 anos, o 14,27% habitualmente sempre fala en galego, o 11,85% máis en galego que en castelán e o 73,88% restante usa sempre o castelán ou máis este que a lingua galega.

No referido ao ámbito laboral, o 29,57% das persoas ocupadas de Galicia fala sempre en galego cos compañeiros de traballo e o 18,61% utiliza máis a lingua galega que castelá. A porcentaxe dos que falan sempre en galleo ou máis neste idioma que castelán cos seus superiores sitúase no 42,79%.

Así mesmo, segundo reflicte a enquisa, o 17,65 por cento da poboación galega de 16 ou máis anos ve a televisión sempre en galego ou máis nesta lingua que en castelán, aínda que un 26,6% sempre o fai no segundo idioma.  Á hora de escoitar a radio, o 14,26% faino sempre ou maioritariamente en galego. Pero o uso do galego está menos estendido noutros medios xa que o 59,1% dos residentes na Comunidade de 16 ou máis anos sempre le a prensa en castelán, o 54,03% só le libros en castelán, o 69,47% navega pola rede sempre neste idioma e o 52,07% emprégao sempre en redes sociais.

O IGE pon de manifesto, así mesmo, que en 2018 no 22,7% dos fogares galegos todos os seus membros de cinco ou máis anos falaban habitualmente só en galego, porcentaxe que aumentou 0,49 puntos respecto de 2013.As áreas da Coruña suroriental e da Costa da Morte son preséntanas maiores porcentaxes de poboación que fala habitualmente en galego sempre ou máis en galego que castelán, cun 93,14% e un 92,4%. No outro extremo sitúase a área de Vigo, co 25,5%; a zona da Coruña, co 33,55%; e a de Ferrol-Eume-Ortegal, co 33,75%.

Dispárase o número de nenos que sabe falar pouco ou nada o galego

Un de cada catro nenos galegos sabe falar pouco ou nada de galego, nunha taxa que se incrementa máis de sete puntos na última década, ao pasar do 16,4% de 2008 ao 24% de 2018, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Entre os menores de 15 anos, un 38% sabe falar moito o idioma propio de Galicia, o que supón un retroceso de sete puntos en 10 anos (era do 45% en 2008). É a cifra máis baixa por tramos de idades, 20 puntos menos da media xeral na Comunidade (do 57,6%). Ademais, a porcentaxe de nenos que saben falar pouco ou nada (o 24%) supón o dobre que en toda a poboación (12%).
Aínda que o 83,4% dos galegos di aprender o galego en casa, entre os menores de 30 anos invírtese esta tendencia, posto que a escola (o 93,73%) supera o ámbito de aprendizaxe da familia (69,99%).

Comentarios