Un total de 801 corredores participarán na XXII Carreira Popular de Santa Uxía

Un total de 801 corredores participarán na XXII Carreira Popular de Santa Uxía
Un total de 801 corredores participarán na XXII Carreira Popular de Santa Uxía

Un total de 801 corredores daranse cita mañá na máis veterana das probas desta índone da contorna, que forma parte do VII Circuíto Provincial de Carrerias Populares da Deputación e do IV Circuíto de Carreiras Arousa Norte


A competición arrancará ás 17 horas no Malecón coa participación dos sub 14 e sub 16, que deberán cubrir unha distancia de 2.500 metros. Ás 17.30 está previsto o arranque da modalidade sub 12, de 1.000 metros, mentres que ás 18 horas terá lugar a proba absoluta de 10 kilómetros, que aglutina ás categorías sub 18, sub 20, sub 23, sénior e máster, que terán que dar dúas voltas a un circuíto que bordea o litoral ata Coroso.

Tamén ás 18 horas iniciarase a denominada “Sapatilla inclusiva”: categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional, que terán que completar unha volta (5.000 metros) ao mesmo circuíto.

Xa para rematar, ás 19.10 horas correrán os “pitufos” antes de proceder coa entrega de trofeos, onde haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados da proba absoluta, tanto masculinos como femininos (tamén recibirán un galardón deseñado polo artista Abraham Benítez) e medallas conmemorativas para os tres mellores corredores locais e para os tres primeiros de cada categoría. Nas categorías pitufo e prebenxamín, todos os participantes recibirán unha medalla e non se establecerá clasificación.

Restricións circulatorias

Ao fío deste certame, a Policía Local informou de que mañá sábado, desde as 15.30 ata as 20 horas non se poderá circular polas vías afectadas pola Carreira Santa Uxía: avenida do Malecón, rúa García Bayón e paseo de Carolinas.

Ao Centro de Saúde e á toda a zona portuaria (desde o acceso ao peirao comercial ata o porto deportivo) soamente poderase acceder/saír pola rotonda da Comandancia, cara á rúa Romero Ortiz ou cara á estrada de Castiñeiras (DP-7307).

Estableceranse paradas de bus provisionais na zona de carga/descarga da rúa Miguel Rodríguez Bautista (“Levirsa”) e no cruce das rúas Galicia-Barreiro (farmacia de “Calo”)



Comentarios