Arranca a Festa do Ensanche baixo o sol

Arranca a Festa do Ensanche baixo o sol
Arranca a Festa do Ensanche baixo o sol

A zona nova de Compostela deu o pistoletazo de saída a sexta edición da Festa do Ensanche, dous días para disfrutar de música, obradoiros e actividades para toda a familia


A VI Festa do Ensanche daba comezo esta mañá co seu epicentro na Praza Roxa. As dez da mañá celebrouse a final do Torneo de Xadrez que ao longo da semana tivo lugar no CSC do Ensanche e en catro locais hostaleiros do barrio.

IMG 20190928 125903

Ás 11:30 horas, no mesmo emprazamento, houbo ioga na rúa con Anahata Yoga e, xa ao mediodía, no mesmo lugar, polvo á feira e sesión vermú con Kind of Soul.

IMG 20190928 140335

IMG 20190928 140307

Pola tarde continuará a festa cun test de surf skate con Core Surfing e, de 16:00 a 18:00 horas, pasarrúas de Trópico de Grelos. A xornada festiva do sábado pecharase de 20:00 a 22:00 horas cos Cantos de Taberna por diversos establecementos hostaleiros da zona nova.

A programación da Festa completarase o domingo 29, ás 12:00 horas, coa actuación da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño, no cruceiro de Ramírez.





Comentarios