O Concello de Ordes asina os convenios coas escolas municipais de fútbol, hóckey e fútbol sala

O Concello de Ordes asina os convenios coas escolas municipais de fútbol, hóckey e fútbol sala
O Concello de Ordes asina os convenios coas escolas municipais de fútbol, hóckey e fútbol sala


O importe ascende a case 38.000 € e terán vixencia ata  mediados de 2020

Asinados os convenios de colaboración do Concello de Ordes con  distintas entidades deportivas, co principal obxectivo de fomentar o deporte no municipio por un valor de 37.998 euro.

Concretamente trátase da S.D. Club Órdenes, o Jogafán Ordes F.S. e o club de hóckey A.C. Órdenes. Os ditos clubs adquiren así o compromiso da xestión e o mantemento das escolas municipais de cada disciplina, así como da liga local no caso do fútbol sala. O prazo de vixencia do dito acordo perdurará ata o 30 de xuño do vindeiro ano.

Cómpre destacar o elevado número de usuarios e usuarias inscritas cada ano nas escolas deportivas municipais, contabilizándose en varios centos. Nalgúns casos as clases impártense dende as categorías micro ou biberón ata a de xuvenís.

Ana María del Río Otero, Antonio Vázquez Rendal e Óscar Cores Garazo, presidenta do A.C. Órdenes e presidentes da S.D. Club Órdenes e do Jogafán Ordes F.S respectivamente, foron os encargados de formalizar o dito acordo. Por parte do Concello de Ordes acudiu á cita a máxima responsable da área de Deportes, Ana Soneira.

Comentarios
Lo más