Lolo Penas e Paula Mayobre, gañadores da XXII Carreira Popular de Santa Uxía

Lolo Penas e Paula Mayobre, gañadores da XXII Carreira Popular de Santa Uxía
Lolo Penas e Paula Mayobre, gañadores da XXII Carreira Popular de Santa Uxía

En total, 264 completaron o percorrido de 10 kilómetros para unha carreira popular que, entre todas as categorías, sumou un total de 801 inscritos e que tivo na soleada tarde do sábado un excelente ambiente


Manuel Ángel Penas Blanco (Lolo Penas) e Paula Mayobre González proclamárosnse campións absolutos da XXII edición da Carreira Popular de Santa Uxía, a máis veterana das probas desta índone da nosa contorna, que forma parte do VII Circuíto Provincial de Carrerias Populares da Deputación e do IV Circuíto de Carreiras Arousa Norte.

Lolo Penas, que milita nas filas do Club Atletismo O Pino, detivo o cronómetro en 30’49’’ e con el compartiron podio Alejandro Fernández Rivera, independente, cun tempo de 30’52’’, e José Manuel Vieito Vilacoba, do Atletismo Sar-Vermú Petroni, que fixo unha marca de 30.54’’.

En canto á clasificación absoluta feminina, Paula Mayobre, de Clínica Dental Seoane Pampín, fixo un tempo de 36’05’’. Detrás dela quedaron Sandra Mosquera Losada, de Adas Proinor (37’38’’) e Tina Fernández Barreiros, de Sar-Vermú Petroni (38’35’’).


Comentarios