Actívase o servizo de citas do SERGAS por mensaxes móbiles

Actívase o servizo de citas do SERGAS por mensaxes móbiles
Actívase o servizo de citas do SERGAS por mensaxes móbiles

O os que queiran recibir as notificacións do servizo galego de saúde vía teléfono móbil deben facilitar o seu número privado indo ao centro de saúde que lle corresponde ou entrando na páxina web so SERGAS

Este martes o SERGAS activará o servizo de citas médicas a través dun SMS no móbil do paciente. O SERGAS enviará estas mensaxes desde o día 1 e lembrarán ao paciente as citas programadas no hospital, así como os resultados de probas xa realizadas como as de cribado, por exemplo,a do cancro de colon.

O envío progresivo por parte do SERGAS desas SMS comezará na área sanitaria da Coruña e abarcará un millón oitocentos mil galegos e galegas nos vindeiros dous meses. A cifra de SMS que se van enviar, case dous millóns de mensaxes telefónicas, corresponde aos usuarios que xa lle facilitaron o número de teléfono ben ao seu médico de familia ou ben xa o xestionaran desde a WEB do SERGAS.

Así que os que queiran recibir as notificacións do servizo galego de saúde vía teléfono móbil deben facilitar o seu número privado indo ao centro de saúde que lle corresponde ou entrando na páxina web.

Comentarios