Nova ubicación para a parada de taxis central de Ribeira

Nova ubicación para a parada de taxis central de Ribeira
Nova ubicación para a parada de taxis central de Ribeira

O cambio vén propiciado polas obras de humanización da rúa Rosalía de Castro

Como xa estaba previsto, a parada de taxis de Ribeira cambia a súa ubicación. A parada muda de
ubicación da rúa Rosalía de Castro a Otero Pedrayo. 

Hoxe mesmo comezou a funcionar este servizo público no seu novo emprazamento, estando a cabeceira orientada cara á praza do Concello.

O cambio vén propiciado polas obras de humanización da rúa Rosalía de Castro, actualmente en marcha e nas que se vai ampliar o espazo reservado aos viandantes en sintonía coas intervencións realizadas noutras zonas da contorna.

Comentarios