‘Os nove anos de Fraguas en Lugo' exhíbese no pazo de San Roque esta semana

‘Os nove anos de Fraguas en Lugo' exhíbese no pazo de San Roque esta semana
‘Os nove anos de Fraguas en Lugo' exhíbese no pazo de San Roque esta semana

A exposición Os nove anos de Fraguas en Lugo exhíbese desde hoxe no compostelán Pazo de San Roque, onde se pode visitar durante esta semana.

A exposición Os nove anos de Fraguas en Lugo exhíbese desde hoxe no compostelán Pazo de San Roque, onde se pode visitar durante esta semana.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, visitou hoxe a mostra Os nove anos de Fraguas en Lugo, impulsada polo colectivo Egeria e por Galicia Dixital co apoio da Consellería de Cultura e Turismo no marco da programación conmemorativa das Letras Galegas 2019.

O proxecto expositivo confórmano un total de 12 paneis acompañados por un libro que recompila textos dos antigos alumnos impulsores da iniciativa, Manuel Regueiro Tenreiro, Paco Martín, Xulián Parga e Xulio Xiz, canda os doutras amizades. Constitúe un achegamento á pegada que o mestre Fraguas deixou na cidade das murallas que se complementa co web www.fraguasenlugo.org.

Comentarios
Lo más