O Victoria FC encaixa a súa primira derrota

O Victoria FC encaixa a súa primira derrota
O Victoria FC encaixa a súa primira derrota

Tras dúas xornadas de cómodos triunfos fronte ó Sporting B e ó Racing de Santander B, o Victoria F.C. encaixou a súa primeira derrota da tempada na 1.ª División Nacional Feminina. Avisara na previa o técnico compostelá Chivi García da peligrosidade do Valladares e confirmouse o pronóstico cun 0-1 no marcador.

A sorte non acompañou ó conxunto rojillo no seu retorno ó Sergas  (o campo de Santa Isabel estaba reservado por mor da Festa do Deporte). Nun partido moi trabado, de escaso fútbol, foron as locais as que quixeron controla-lo xogo coa posesión pero non lograron conectar ningunha das claras oportunidades coas que contaron fronte a un rival moi rocoso en tarefas defensivas.

Perdoou o Victoria F.C. pero non o Valladares que na primeira oportunidade da que dispuxo, nunha falta escorada botada por Laudith Lelette Cañón no minuto 80, tivo o premio do gol que finalmente supuxo también os tres puntos e o triunfo. Buscou con fe a remontada o conxunto santiagués pero non recibiu premio.

“Foi clave o acerto de cara ó gol. Se fósemos quen de poñernos por diante no marcador coido que teríamos moitísimas opcións de gaña-lo partido. O Valladares non nos creaba ningún perigo e só nunha xogada aillada a balón parado conseguiron marcar”, asume Chivi García..

Á espera da próximo xornada que levará ó Victoria F.C. a Vigo para medirse ó Sardoma, o equipo santiagués cae ata a cuarta posición da táboa con 6 puntos. 

Comentarios