Unha fronte pouco activa deixará chuvias as primeiras horas

Unha fronte pouco activa deixará chuvias as primeiras horas
Unha fronte pouco activa deixará chuvias as primeiras horas

As temperaturas oscilarán entre os 15 e os 21 graos

Unha fronte pouco activa asociada a unha baixa sobre Irlanda pasará sobre Galicia durante as primeiras horas. 

Polo tanto a primeira metade do día quedará marcada polos ceos moi anubrados e as chuvias débiles. Pola tarde estas precipitacións poderían repetirse en puntos do noroeste e no litoral de Pontevedra, pero comezarán a abrirse claros no resto de Galicia. As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán frouxos do suroeste, con intervalos de moderado na metade norte.

En compostela haberá probabilidade moi alta de chuvias ao longo da mañana que se irá disipando ao longo do día. as temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas. Oscilarán entre os 15 e os 21 graos. En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais .


Comentarios