Santiago aproba pagar a indemnización de 620.000 euros a Doal pola adxudicación da ORA e do guindastre

Santiago aproba pagar a indemnización de 620.000 euros a Doal pola adxudicación da ORA e do guindastre
Santiago aproba pagar a indemnización de 620.000 euros a Doal pola adxudicación da ORA e do guindastre

A tenente de alcalde, Mercedes Rosó, lembrou que esta indemnización é "moitísimo diñeiro", que "redundará nas arcas municipais", e que se trata dun asunto "moi delicado", que agora o consistorio confía en pechar


A Xunta de Goberno de Santiago aprobou este luns a execución do pago dunha indemnización de máis de 620.000 euros á empresa Doal, en concepto de lucro cesante, pola adxudicación do servizo da ORA e do guindastre en 2012 a Setex-Aparki, nun concurso anulado polos tribunais tres anos despois. 

Así o explicou, en rolda de prensa, a primeira tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón, que compareceu para dar conta dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno desta semana. Mercedes Rosón lembrou durante a rolda de prensa que esta indemnización é "moitísimo diñeiro", que "redundará nas arcas municipais", e que se trata dun asunto "moi delicado", que agora o consistorio confía en pechar.

Tamén en materia xudicial acordouse executar outra sentenza, neste caso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, indemnizado á empresa Unika Proyecos y Obras SAU polo importe total de 7.297,42 euros. Trátase da empresa á que se lle adxudicara no seu día a rehabilitación do Palacio do Espiño.

Comentarios
Lo más