A Aula CEMIT do Concello de Ames pon en marcha novas actividades

A Aula CEMIT do Concello de Ames pon en marcha novas actividades
A Aula CEMIT do Concello de Ames pon en marcha novas actividades

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames iniciará 12 novos cursos nos meses de outubro e novembro


Dentro da programación a desenvolver durante este mes de outubro destaca a realización dun ciclo de introdución á informática para adultos, cun curso de Iniciación a Internet e outro de Iniciación ás redes sociais. Para o primeiro están todas as prazas cuebrtas e se admiten inscricións en lista de agarda. Para o segundo aínda hai prazas libres. Ademais, ofértase un ciclo de ofímatica co desenvolvemento de tres cursos dende mediados de outubro ata principios de novembro. Para os cursos de Follas de cálculo con LibreOffice Calc I e II xa están as prazas cubertas e admítense inscricións para lista de agarda. 

Para a actividade de Presentacións con LibreOffice Impress, a desenvolver a principios de novembro, aínda hai prazas dispoñibles. Asemade, durante o mes de novembro desenvolverase un ciclo de empregabilidade, con dous cursos centrados na mellora da empregabilidade dos alumnos e alumnas mediante a creación dun currículo adaptado as súas necesidades e a busca de emprego a través de Internet. Para ambos casos hai prazas libres.

A programación da Aula CeMIT para outubro e novembro tamén inclúe tres cursos destinados aos nenos e nenas. Un de informática de nivel básico e dous de mecanografía, un para nenos e nenas menores de 10 anos e outro para maiores desta idade. Para os dous primeiros aínda quedan prazas libres, mentres que o curso de mecanografía para maiores de dez anos admite inscricións para lista de agarda. Ao pe desta nova podes consultar todos os horarios de realización dos cursos, ademais das horas de Aula Aberta da aula CeMIT.

Comentarios