A “Xornada Urbana” de O Pino organiza obradoiros de skateboarding, turntablism dj e breakdance

A “Xornada Urbana” de O Pino organiza obradoiros de skateboarding, turntablism dj e breakdance
A “Xornada Urbana” de O Pino organiza obradoiros de skateboarding, turntablism dj e breakdance

O Concello de O Pino organiza actividades relacionadas coa cultura urbana durante esta primeira semana de outubro


Os días 1, 2, 3 e 4 os rapaces e rapazas de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago pintarán un Macro Mural de temática relacionada co Camiño de Santiago e con O Pino á altura do pavillón municipal. Mentres que o sábado 5 será o día grande coa celebración da “Xornada Urbana” na que a veciñanza poderá participar en obradoiros de skateboarding, turntablism dj e breakdance, entre outras actividades.

A Rúa do Peregrino (Arca, O Pedrouzo) convertirase no centro neurálxico das actividades organizadas polo Concello de O Pino e a Vella Escola para os días 1, 2, 3 e 4 de outubro. Alí, o alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago pintará un Macro Mural con motivos relacionados co Camiño e co municipio, despois de recibir formación sobre a técnica de pintura ao graffiti. Se as condicións meteorolóxicas o permiten, o mural estará rematado o venres, a tempo para a celebración da “Xornada Urbana”.

O sábado 5 de outubro será a Praza de Forcarei a que acolla a toda a veciñanza que quera gozar dunha tarde de diversión, onde se levarán a cabo obradoiros de skateboarding, tuntablism dj e breakdance a partir das 17.00 horas. Para o seu correcto desenvolvemento haberá habilitados un skatepark móbil e unha pista de baile, así como música ata as 20.00 horas, sempre e cando o tempo acompañe.

A “Xornada Urbana” estará aberta a todos os veciños e veciñas de O Pino, os cales poderán consultar calquera dúbida na Oficina de Información Xuvenil do Concello.


Comentarios
Lo más