85.000 euros para mellorar infraestruturas viarias no polígono industrial de Augalevada

85.000 euros para mellorar infraestruturas viarias no polígono industrial de Augalevada
85.000 euros para mellorar infraestruturas viarias no polígono industrial de Augalevada

O Concello de Noia licita por 85.000 euros a mellora de infraestruturas viarias no polígono industrial de Augalevad


O Concello de Noia vén de sacar a licitación as obras de mellora das infraestruturas viarias do polígono industrial de Augalevada por un importe de 85.309,85 euros e un prazo máximo de execución de 6 meses. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas no Concello noiés ata o vindeiro 21 de outubro.

As obras consisten na pavimentación dos dous viarios principais do polígono noiés, de 480 e 310 metros de longo e 8 metros de ancho, así como de dúas rotondas e dous abanicos con cinco centímetros de aglomerado en quente, previa preparación da base e con rego de imprimación incluído. A obra inclúe a adaptación de 22 pozos e arquetas á nova rasante, así como ao pintado de símbolos, cebreados e isletas preexistentes.


Comentarios
Lo más