Colisión múltiple na AP-9

Colisión múltiple na AP-9
Colisión múltiple na AP-9

A altura de Culleredo

Tres persoas resultaron feridas nunha colisión na que se viron implicados outros tantos turismos en Culleredo, concretamente no punto quilométrico 5 da AP-9 en sentido a Santiago de Compostela.

Nada máis ter constancia do accidente a través de varias persoas particulares que contactaron co 112 Galicia ás 21:00 horas, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, desde o 112 Galicia pasouse o aviso á Policía Local, ao Servizo Municipal de Protección Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Culleredo.

Finalmente, as tres persoas feridas foron trasladadas ao Hospital San Rafael.


Comentarios
Lo más