Cortes de tráfico pola II Marcha Unificada Special Olympics Galicia

Cortes de tráfico pola II Marcha Unificada Special Olympics Galicia
Cortes de tráfico pola II Marcha Unificada Special Olympics Galicia

Este sábado haberá distintos cortes de tráfico ao longo do percorrido da carreira


Con motivo da celebración da VII Marcha Unificada Special Olympics Galicia este sábado 5 de outubro, a partir das 11:30 horas, produciranse temporalmente restricións circulatorias ao paso desta proba ciclista por diferentes puntos da cidade. Non se cortará ningunha rúa.

Percorrido da marcha ciclista: praza do Obradoiro (saída), San Francisco, avenida de Xoán XXIII, praza da Paz, Ánxel Casal, Rodríguez de Viguri, N-634, Camiño Francés, Valiño, París, Londres, Fontes do Sar, Diego Bernal, Ponte de Sar, Sar, Castrón Douro, Curros Enríquez, Santiago de Guayaquil, Hórreo, Senra, Campo da Estrela, Xoán Carlos I, Rosalía de Castro, Mestre Mateo, Doutor Ángel Jorge Echeverri, Lope Gómez de Marzoa, Vicente Fráiz Andión, José María Suárez Núñez, San Lourenzo, Burgas, avenida de Compostela, Campo do Cruceiro do Galo, Pombal, Galeras, Salvadas, Vista Alegre, avenida de Castelao, Burgo das Nacións, Xoán XXIII, San Francisco e praza do Obradoiro (chegada).

Comentarios