Concello e Tráfico comezan a preparar o operativo para o Ano Santo 2021

Concello e Tráfico comezan a preparar o operativo para o Ano Santo 2021
Concello e Tráfico comezan a preparar o operativo para o Ano Santo 2021

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres coa xefa provincial de Tráfico da Coruña, Victoria Gómez Dobarro. Na xuntanza tamén participaron o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, integrantes da Xefatura e responsables da Policía Local de Santiago

Tal como explicou o alcalde, na xuntanza abordouse o operativo de tráfico cara o Ano Santo 2021. Anunciou un "programa ambicioso" no que, ante a carencia de efectivos, "deberemos esforzarnos por incorporar as novas tecnoloxías, en mellorar a seguridade e en ofrecer unha boa atención a peóns e condutores".

Puxo como exemplo de medidas a adoptar a activación dos paneis informativos sobre os estacionamentos soterrados da cidade, que "actualmente non está operativo". "Temos que renovalo tecnoloxicamente, incorporar os novos estacionamentos (respecto aos existentes en 1993) e tamén información sobre os estacionamentos de rúa", apuntou, na busca de ofrecer "a información máis completa posible". Segundo citou, outra medida sería "a integración da comunicación de Tráfico, centrada no cuartel da Garda Civil nas Cancelas, e a da Policía Local.

Sánchez Bugallo aposta por "optimizar a rede viaria e uns servizos que son escasos e insuficientes, para transmitirlle a mellor información aos/ás usuarios/as". Neste cometido, dixo, é importante a renovación tecnolóxica, polo que saliento o esforzo importante nesta materia previsto grazas ao proxecto Smartiago.

Comentarios