Continúa a renovación do saneamento e abastecemento na Gándara

Continúa a renovación do saneamento e abastecemento na Gándara
Continúa a renovación do saneamento e abastecemento na Gándara

O grupo de goberno do Concello de Oroso continúa co seu proxecto para renovar a rede de saneamento e abastecemento municipal

Dentro deste plan, comezaron unhas obras para instalar unha nova rede de saneamento en Piñeirón, na parroquia de Gándara. “Adquirimos o compromiso cos veciños de mellorar os servizos públicos”, asegura o alcalde, Manuel Mirás

Mirás e o concelleiro de Obras, Luis Rey, visitaron a zona para ver o estado dos traballos, que durarán tres meses e contan cun orzamento de 131.511 euros.

As obras inclúen tamén a mellora da capa de rodadura do camiño que atravesa Piñeirón. “Ter unha rede de saneamento e abastecemento de auga renovada é un proxecto complexo pola dimensión do concello, pero cumprimeros porque é necesario”, afirma o alcalde de Oroso.

O Concello de Oroso rexistra superávit económico e pecha cada ano con remanente de tesourería, “o que nos permite afrontar investimentos que melloran o benestar dos veciños”, engade Mirás.

Comentarios