"Achegamento importante" entre PSOE e Compostela Aberta para sacar adiante as ordenanzas fiscais

"Achegamento importante" entre PSOE e Compostela Aberta para sacar adiante as ordenanzas fiscais
"Achegamento importante" entre PSOE e Compostela Aberta para sacar adiante as ordenanzas fiscais

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recoñeceu que existe un "achegamento importante" do goberno local e CA

O edil compostelán deu unha rolda de prensa na que, entre outros, tratou o tema da fiscalidade local asegurando que, tras as propostas presentadas hai uns días polo grupo municipal de  Compostela Aberta, existe un "achegamento importante".

Bugallo indicou que co grupo que hai maiores diferenzas é cos populares, posto que estes apostan por "unha rebaixa fiscal moi potente" que sería "incompatible" con "os servizos que reclaman os cidadáns e os retos do ano 2021". 

Neste senso, o rexidor compostelán apuntou que non renuncia a alcanzar "o maior consenso posible" sumando a Partido Popular e BNG. 

Comentarios