Os galegos viaxaron un 3,7% máis entre abril e xuño, pero gastaron un 8,8% menos

Os galegos viaxaron un 3,7% máis entre abril e xuño, pero gastaron un 8,8% menos
Os galegos viaxaron un 3,7% máis entre abril e xuño, pero gastaron un 8,8% menos

As viaxes realizadas por galegos supoñen un 4,9% do total a nivel estatal, con 881 viaxes por mil habitantes


Os residentes en Galicia realizaron 2,4 millóns de viaxes no segundo trimestre do ano, o que supón un incremento do 3,7% respecto ao mesmo período de 2018, segundo os datos da Enquisa de Turismo de Residentes, do Instituto Nacional de Estatística (INE), publicada este venres.

De acordo coa información recollida nesta estatística, o gasto foi, con todo, inferior, un 8,82% menos, ata situarse nos 509.407 euros, fronte aos 558.711 euros do mesmo período o ano pasado.

Por outra banda, as viaxes realizadas por galegos supoñen un 4,9% do total a nivel estatal, con 881 viaxes por mil habitantes. Mentres, os de residentes en España que tiveron como destino Galicia supuxeron un 4,6% do total, ata alcanzar a cifra de 2,3 millóns, un 0,26% menos respecto ao segundo trimestre de 2018.

Este dato supuxo 829 viaxes por mil habitantes, cunha duración media de 3,1 días. O gasto medio diario por persoa en Galicia situouse en 53 euros, mentres que no caso dos galegos que viaxaron foi de 67 euros.

Comentarios