Carolina Bescansa encabezará a lista de Más País pola Coruña

Carolina Bescansa encabezará a lista de Más País pola Coruña
Carolina Bescansa encabezará a lista de Más País pola Coruña

Desde a súa marcha de Podemos sempre mostrou o seu apoio a Errejón. Di que dá o paso "coa vontade de evitar a abstención" e defende chegar a pactos co PSOE


A cofundadora e exdirixente de Podemos Carolina Bescansa encabezará a lista de Más País pola Coruña, segundo confirmaron fontes da formación liderada por Íñigo Errejón.

"Dou este paso coa vontade de evitar, na medida das miñas posibilidades, que a abstención termine coas posibilidades de escribir un novo futuro para o meu país", declarou no seu perfil de Twitter para despois asegurar que "é unha honra liderar a candidatura da Coruña".

"Experiencia, mesura, espírito construtivo, experta socióloga, gran coñecedora da sociedade española, talante, escoita e moderación. Son as cualidades que vemos nela", destacaron as mesmas fontes sobre a súa fichaxe.

Bescansa, que se distanciou do secretario xeral, Pablo Iglesias, na Asemblea de Vistalegre II de hai dous anos, tratou de plantar cara á dirección tanto nas primarias da Comunidade de Madrid, nas que saíu elixido como candidato Errejón, como nas de Galicia. En ambos os casos, non conseguiu o seu obxectivo.


Comentarios