Primeira reunión de traballo da Xunta Xestora do PP de Santiago

Primeira reunión de traballo da Xunta Xestora do PP de Santiago
Primeira reunión de traballo da Xunta Xestora do PP de Santiago


Durante este encontro ao que asistiron Alejandro Sánchez Brunete, Rosa Quintana, Marta González, Paula Prado e Evaristo Ben, o responsable do PP santiagués deu conta das liñas principais que está levando a cabo desde que hai quince días tomara o mando da agrupación



A Xunta Xestora do Partido Popular de Santiago, presidida por Borja Verea, mantivo hoxe a súa primeira reunión de traballo. Durante este encontro ao que asistiron Alejandro Sánchez Brunete, Rosa Quintana, Marta González, Paula Prado e Evaristo Ben, o responsable do PP santiagués deu conta das liñas principais que está levando a cabo desde que hai quince días tomara o mando da agrupación.

Verea destacou que, neste momento, o partido está centrado en traballar para facer fronte aos retos electorais que se presentan e acadar o obxectivo de que o PP de Santiago volva a ser a primeira forza electoral da cidade.

Remarcou que hai por diante “un longo período electoral, cuns comicios xerais nun mes e, a continuación, unhas eleccións autonómicas, polo que é imprescindible traballar todos xuntos cos obxectivos claros”.

Borja Verea subliñou que a Xunta Xestora está traballando desde o primeiro minuto en “escoitar a todos o co fin de  concretar a dispoñibilidade da xente para empezar xa a ampliar os equipos de traballo de cara ás eleccións”.

Así mesmo, o responsable dos Populares composteláns subliñou que o PP de Santiago quere seguir a ser un espazo para o encontro dos seus afiliados, simpatizantes e de todos aqueles veciños que teñan inquedanzas pola súa cidade e queiran incorporarse ao novo proxecto.

Finalmente, informou da súa reunión co voceiro municipal, Alejandro Sánchez Brunete, e o resto de concelleiros, na que lles trasladou que “o grupo municipal é a bandeira do partido en Santiago e todos os concelleiros deben ter un gran protagonismo, posto que son os  representantes do partido no Concello e os lexítimos representantes dos veciños e veciñas de Santiago”.


Comentarios