Rescatada una muller tras caer por un desnivel en Noia

Rescatada una muller tras caer por un desnivel en Noia
Rescatada una muller tras caer por un desnivel en Noia

As dificultades para acceder á ferida obrigaron aos Bombeiros de Boiro a intervir para sacala do burato


Unha muller necesitou da axuda dos bombeiros para saír dun desnivel polo que caeu no lugar de Ousoño, en Noia. Ademais, as dificultades do terreo obrigaron ao equipo de rescate a portar á ferida ata o lugar onde agardaba a ambulancia.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a caída produciuse ao fío das oito da tarde de onte na parroquia noiense de Barro, a onde acudiu unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Sen embargo, as dificultades para acceder á ferida obrigaron aos Bombeiros de Boiro a intervir para sacala do burato e, ademais, portala ata a ambulancia para recibir os primeiros coidados.

Neste operativo contouse, tamén, coa colaboración dos membros do servizo local de Protección Civil e os axentes da Policía Local. 

Comentarios