Cortes de tráfico en diferentes puntos da cidade

Cortes de tráfico en diferentes puntos da cidade
Cortes de tráfico en diferentes puntos da cidade

Os cortes produciránse por mor de distintas obras


Con motivo de traballos na rede de saneamento no Polígono do Tambre (obras de mellora do Camiño Inglés), o luns 7 comezarán os cortes de tráfico nas vías Pasteur e Edison, nos cruces das mesmas coa vía Galileo.

O corte iniciarase na vía Pasteur (7 e 8 de outubro), comezando polos carrís de subida e seguindo polos de baixada da mesma vía.Unha vez rematadas as obras neste cruce, as obras afectarán á vía Edison (9 e 10 de outubro), neste caso comezando polos carrís de baixada e pasando logo aos de subida. Os desvíos estarán sinalizados nos cruces anteriores ao lugar das obras.

Estes cortes afectarán á liña P6 do transporte urbano (rúa da Rosa – polígono do Tambre). Así, durante os días 7 e 8, os autobuses irán pola vía Edison en ambos dos dous sentidos, mentres que os días 9 e 10 circularán, tamén en ambos sentidos, pola vía Pasteur. A liña realizará as paradas de transporte equivalentes.

Asimesmo, con motivo das obras que Concello e Consorcio realizan na fonte da rúa da Fonte Sequelo, e da actuación que a concesionaria Viaqua vai executar á altura do número 18 da rúa de Xelmírez, esta quedará cortada ao tráfico os días 7 e 8 de outubro a partir das 10:30 horas. 

Ademáis, por mor de obras nas redes de abastecemento e saneamento, os días 7, 8 e 9 de outubro vai quedar cortado ao tráfico un carril da rúa de Sempre en Galiza (o carril máis próximo á rúa do Pico Sacro). Darase paso alternativo aos vehículos mediante semáforos. Nestas tres xornadas quedará cortada ao tráfico totalmente a rúa do Pico Sacro.

Comentarios