Touro fai un investimento de 40.000 euros na mellora das súas instalacións deportivas

Touro fai un investimento de 40.000 euros na mellora das súas instalacións deportivas
Touro fai un investimento de 40.000 euros na mellora das súas instalacións deportivas

A maior parte do investimento destinouse á mellora dos peches das instalacións deportivas, con 14.328 euros

O Concello de Touro investiu 39.992 euros na mellora das instalacións deportivas municipais ubicadas na zona de servizos situada nas proximidades da praza do Luar, onde tamén está situada a piscina, o PAI, a Casa da Cultura e a zona de autocaravanas. Estas instalacións ao aire libre contan con pistas de fútbol sala, baloncesto e campos de tenis. O investimento sumou un total de 39.992 euros. Vicepresidenta e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza apoiou o investiento cunha subvención do 70% da cantidade total, que supón 27.520 euros. O resto correu de conta do propio Concello de Touro.

A maior parte do investimento destinouse á mellora dos peches das instalacións deportivas, con 14.328 euros. O equipamento deportivo precisou 5.707 euros; as actuacións previas, 5.141 euros; as marcaxes deportivas, 2.521 euros; o mobiliario urbano, 3.649 euros; e a xestión de residuos, 386 euros.

O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, destacou a necesidade de poñer a punto e renovar as citadas instalacións deportivas. “Precisaban unha renovación e xa están listas para que os veciños e veciñas de Touro poidan facer uso delas”, manifestou o rexedor municipal, quen reflexou “o esforzo do Concello para manter en bo uso o patrimonio que é de todos os habitantes de Touro”.

Comentarios