O Victoria F.C chega de Vigo cun empate contra o Sardoma

O Victoria F.C chega de Vigo cun empate contra o Sardoma
O Victoria F.C chega de Vigo cun empate contra o Sardoma

O Victoria F.C. tivo o control do balón e dispuxo de varias ocasións de gol pero faltoulle acerto

Non era unha saída doada para o conxunto santiagués do Victoria F.C. Doentes aínda pola derrota fronte ó Valladares (0-1), a primera do curso, e tras unha semana complicada no traballo polos problemas físicos da porteira Carmen nun dedo do pé e de Angy, con molestias nun xeonllo, ademáis da baixa de Inés por culpa dunha escordadura de nocelo, o equipo 'rojillo' desplazábase a Vigo co obxectivo de aferrarse ós postos altos da táboa.

Así, as xogadoras que dirixe Chivi García dominaron o partido de principio a fin, amosando moitas gañas de araña-los tres puntos nun dos campos máis complicados da categoría.

O Victoria F.C. tivo o control do balón e dispuxo de varias ocasións de gol pero faltoulle acerto. Ademáis, á media hora do encontro Ánxela tivo que ser sustituida por unha escordadura o que ampliou a lista de baixas. Pese a todo o equipo continuou ben posicionado no campo e non tivo maiores problemas para defender a área de Carmen. O perigo do Sardoma viña sobre todo dende tiros lexanos que a porteira do Victoria F.C. sabía atallar sen problemas.

Non cambiou o guión na segunda metade, cun cadro santiagués dono da posesión e buscando o gol, e as locais esperando a facer dano nalgunha contra. A xogada mais clara para as locais foi unha falta directa na que Carmen tivo que estirarse á cepa do pau. Pero o marcador non se moveu pese a que as 'rojillas' nunca cesaron no se empeño e quedou se penalizar algunha acción moi dubidosa na área do Sardoma.

Desta forma, o Victoria F.C. cae ata a quinta posición na 1.ª División Nacional con 7 puntos (2 victorias, unha derrota e un empate) á espera de recibi-la próxima semana ó CD Ojeda, séptimo con 5 puntos. 

Comentarios