Borja Verea, presidente da Xestora do PP local, asegura a Bugallo que o partido apoiará ao Goberno as cuestións estratéxicas

Borja Verea, presidente da Xestora do PP local, asegura a Bugallo que o partido apoiará ao Goberno as cuestións estratéxicas
Borja Verea, presidente da Xestora do PP local, asegura a Bugallo que o partido apoiará ao Goberno as cuestións estratéxicas

Verea sinalou que o Partido Popular, “é plenamente consciente da singularidade histórica da cidade de Santiago” e asegurou que o PP, en todos os seus niveis territoriais -municipal, autonómico e nacional- manifestará un espírito de colaboración para preservar a identidade da capital e favorecer o seu mellor desenvolvemento

O presidente da  Xunta Xestora do Partido Popular de Santiago, Borja Verea Fráiz, acompañado polo voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez Brunete, mantivo onte unha reunión co alcalde de Santiago, José Sánchez Bugallo. Durante a xuntanza, Verea quixo agradecer ao rexidor compostelá a celeridade coa que convocou esta reunión, o que resulta ser un exemplo da normalidade institucional e espírito de colaboración.

Verea Fráiz insistiu en que o PP “é un partido con vocación de goberno, una forza política que valora estabilidade e a moderación, polo que, asegurou, en todos os seus niveis territoriais –municipal, autonómico e nacional- manifesta un espírito de colaboración para preservar a identidade da capital e para favorecer o seu mellor desenvolvemento”. Borja Verea indicoulle ao alcalde Sánchez Bugallo que “o sentido común e a responsabilidade esíxenos un esforzo a todos”.

En relación coa celebración do Ano Santo 2021, o Popular concordou con Sánchez Bugallo en que a cidade de Santiago ten que poñerse ao día, “porque o Xacobeo é un desafío ao tempo que unha gran oportunidade”, sinalando, ademais, que o PP de Santiago quere abrir un debate a toda a cidadanía, sen limitacións, ante os retos e oportunidades que suporá para a cidade a gobernanza dos dous xacobeos do próximo decenio.

“Entendemos que hai que ser honestos con este debate, que debe abrirse con seriedade e con todas as consecuencias, xa que é imposible negar que é necesaria a colaboración de todas as Administracións implicadas e a cidadanía”, e lembrou que o goberno de Alberto Núñez Feijoo xa leva investidos na cidade 500 millóns de euros nos últimos 10 anos”.

Borja Verea tamén lle comentou ao primeiro edil santiagués que o Concello debe ser suxeito activo do desenvolvemento económico, promovendo o investimento privado e a activación de novos proxectos sendo necesario activar todos os instrumentos administrativos e orzamentarios para a captación de novos proxectos.

Neste sentido, o Popular explicoulle ao alcalde que o PP de Santiago quere traballar co Goberno municipal nunha Estratexia Integral para a diversificación produtiva e de apoio aos autónomos e empresarios.

Comentarios