A prevención da conflictividade e da exclusión social de mozos será o punto de mira dun programa do concello de Oroso

A prevención da conflictividade e da exclusión social de mozos será o punto de mira dun programa do concello de Oroso
A prevención da conflictividade e da exclusión social de mozos será o punto de mira dun programa do concello de Oroso

Os problemas que detecten no IES de Oroso ou nos Servizos Sociais do concello chegarán aos especialistas da entidade Igaxes, nunha iniciativa que conta co apoio de La Caixa

O Concello de Oroso ponen marcha un novedoso programa de intervención e mediación para previr e actuar en casos de conflitividade ou exclusiÓn social de mozos e mozas.

A concelleira de Servizos Sociais e Ensino de Oroso, Isabel Fernández, mantivo onte unha reunión de traballo para comezar o programa con Carlos Rosón, da entidade Igaxes, á que tamén asistiron o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a directora da oficina de La Caixa, Ana Patricia Rodríguez.

“Facemos un traballo en rede co mozo ou moza que necesita axuda, as familias e os técnicos de Servizos Sociais, aplicando en cada caso concreto a forma de actuar máis recomendable”, afirma Rosón.

A concelleira encargada do programa, Isabel Fernández, destacou “o traballo en rede desta iniciativa e a parte de prevención en temas como a drogodependencia, sexualidade, igualdade ou bullyng, implicando tamén a outros rapaces como mediadores en determinados conflitos”.

Rodríguez manifestou que era “un orgullo” para La Caixa participar neste tipo de iniciativas, un esforzo que agradeceu o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, “así como o traballo que se fai desde Servizos Sociais”.

“Cando hai un problema decidimos se a mellor forma de afrontalo é con titorías personalizadas, cunha actuación de toda a familia ou a través da mediación; cada caso é diferente e despois facemos un seguimento no tempo para comprobar que vai todo ben”, engadiu Carlos Rosón.

O obxectivo principal é favorecer o proceso de integración escolar, familiar, social e laboral, para o cal as actividades adaptaránse ás necesidades e características individuais. Este programa Aleida levaráse a cabo no IES de Oroso.

Comentarios