O anexo do pavillón polideportivo de Bertamiráns conta cun novo pavimento de tarima flotante de madeira

O anexo do pavillón polideportivo de Bertamiráns conta cun novo pavimento de tarima flotante de madeira
O anexo do pavillón polideportivo de Bertamiráns conta cun novo pavimento de tarima flotante de madeira

A Concellaría de Deportes vén de anunciar o remate das obras de colocación de pavimento de tarima flotante de madeira no anexo do pavillón polideportivo de Bertamiráns

A Concellaría de Deportes vén de anunciar o remate das obras de colocación de pavimento de tarima flotante de madeira no anexo do pavillón polideportivo de Bertamiráns. Estas obras tiveron un custo de 9.041,42 euros e foron executadas pola empresa Galitec. Esta actuación únese aos traballos feitos xa o verán pasado nos que se cambiou o pavimento dos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro por 138.538 euros.

O goberno municipal continúa con plan de renovación e mantemento ds instalacións deportivas municipais. Nesta ocasión, colocouse un novo pavimento de tarima flotante de madeira no anexo do pavillón polideportivo de Bertamiráns. Deste xeito, todas as salas do pavillón de Bertamiráns contan con pavimento de madeira despois dos traballos feitos o verán pasado e que tiveron un custo de 73.198,95 euros. Tamén se colocou pavimento de madeira o pasado ano no pavillón do Milladoiro por un importe de 65.339,27 euros.

Estes proxectos únese ao proxecto, xa executado, de ampliación do pavillón de Bertamiráns, que conta cun anexo dotado cunha nova sala de ximnasio e unha pista de squash cuberta. Neste proxecto investíronse 97.795 euros.

Ademais, na actualidade, están en fase de licitación as obras de rehabilitación da área deportiva de Bertamiráns e dos vestiarios do pavillón polideportivo desta mesma localidade. A través destas actuacións vaise a construír un nova pista de pádel, unha pista polideportiva exterior e dous vestiarios no interior do pavillón. Estas obras están incluídas no POS+ 2019. Os proxectos, que contan cun orzamento de 164.355,86 euros, están licitados en dous lotes diferentes, pero incluídos no mesmo expediente de licitación para axilizar a súa tramitación.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explica que “o Concello de Ames aposta polo fomento do deporte e engade “todas as melloras que se fagan nas instalacións deportivas existentes, así como os proxecto novos que se executen son moi necesarios, xa que hai unha alta demanda de instalacións por parte dos usuarios”.

Comentarios