O PP demanda ao BNG que “deixen que os galegos decidan como, cando e onde queren falar galego ou castelán”

O PP demanda ao BNG que “deixen que os galegos decidan como, cando e onde queren falar galego ou castelán”
O PP demanda ao BNG que “deixen que os galegos decidan como, cando e onde queren falar galego ou castelán”

Vázquez salientou que a última enquisa do IGE sobre o uso do galego amosa que “melloraron os datos respecto ao último traballo realizado en 2013”

 deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez demandou hoxe ao BNG que “deixen que os galegos decidan como, cando e onde queren falar galego ou castelán”, e sinalou que “non conten co PPdeG para enfrontar o patrimonio cultural dos galegos e das galegas”. “Fronte ao monolingüismo empobrecedor estará o bilingüismo cordial”, manifestou.

Sandra Vázquez lembrou que “Galicia é unha comunidade histórica e bilingüe, na que os idiomas non son un problema, como nos quere facer ver o BNG, senón unha riqueza que debemos coidar día a día”. 

MELLORA NO USO E NAS COMPETENCIAS ESCRITAS

Respecto da última enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre o uso do galego, a deputada popular salientou “melloraron os datos respecto do último traballo realizado en 2013”. Así, pasouse dun 60,27 a un 63,01 por cento das persoas entre 15 e 29 anos que falan moito o galego, ao tempo que pasouse dun 11,83 ao 9,84 por cento os que falan pouco ou nada galego neste tramo de idade.

“Tamén hai un incremento de competencias escritas, pasando dun 83,32 a un 86,79 por cento entre os anos 2013 e 2019; incrementándose o número de persoas que falan máis galego que castelán: do 50,9 ao 51,88 por cento”, engadiu.

Sandra Vázquez referiuse ao Plan de dinamización da lingua na mocidade, “presentado no Parlamento o pasado verán e que tivo o voto en contra dos nacionalistas galegos”. “Estamos a falar dun plan participativo, de goberno, social e con gran vocación de participación para acadar o máximo consenso”, dixo a deputada popular, quen concretou que, dotado con 16,5 millóns de euros, incorpora nove áreas, 19 obxectivos e 39 medidas que alcanzan desde a transmisión interxeracional e o ámbito familiar, ata a incorporación ao mercado laboral e a formación continua.

Comentarios