O Pino organiza un curso de manipulador de alimentos o 22 de outubro

O Pino organiza un curso de manipulador de alimentos o 22 de outubro
O Pino organiza un curso de manipulador de alimentos o 22 de outubro

A actividade formativa gratuíta impartirase na Casa da cultura Luís Seoane e durará 3 horas 

O Concello de O Pino organiza o vindeiro martes 22 de outubro un curso gratuíto de manipulador de alimentos dirixido a persoas empadroadas no municipio. O prazo de inscrición remata o día 21 ás 14.00 horas.

A Casa da cultura Luís Seone acollerá o 22 de outubro un curso de manipulación de alimentos organizado polo Concello de O Pino. A actividade formativa será gratuíta e terá unha duración de 3 horas (de 09.30 a 12.30 horas), despois das cales se levará a cabo unha proba de evaluación e a correspondente emisión do certificado de formación. 

Os destinatarios deste curso serán persoas empadroadas no Concello de O Pino cunha antigüidade mínima de un mes poñendo como referencia o día 8 de outubro de 2019. 

Os interesados en participar deberán cumplimentar o formulario que se atopa na páxina web www.opino.gal, ou nas oficinas municipais, e entregalo no rexistro xunto co volante de empadroamento. O prazo de inscrición remata o día 21 de outubro ás 14.00 horas.

Comentarios