Xornada intermedia en Compostela

Xornada intermedia en Compostela
Xornada intermedia en Compostela

En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima os 20ºC

Xornada intermedia entre altas e baixas presións, con máis predominio do anticiclón e a estabilidade a partir do mediodía. 

Así, comezaremos a xornada con intervalos de nubes baixas e aínda coa posibilidade dalgún chuvasco no noroeste, para dar paso a ceos pouco anubrados ou despexados. 

As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, e as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 10ºC e a máxima os 20ºC.

O vento soprará de compoñente oeste no terzo norte e de compoñente norte no resto, con intervalos de moderado nas Rías Baixas.

Comentarios