Padrón organiza unha excursión para poder conseguir a famosa Pedronía

Padrón organiza unha excursión para poder conseguir a famosa Pedronía
Padrón organiza unha excursión para poder conseguir a famosa Pedronía

Será este sábado 12 ás 9:30 horas con saída dende Santiago de Compostela

Este sábado 12 de outubro o concello de Padrón organiza a excursión Pedronía: desvelamos o segredo gardado na verdade do camiño. Un itinerario que vai dende Santiago de Compostela ata a localidade de Padrón.

De que se trata a Pedronía? É un certificado da vila de Padrón para promover o Camiño de Santiago polas terras de Iria Flavia. O documento fai ver que a persoa fixo a ruta dende un mínimo de 18 quilómetros, dende Santiago ou outra localidade da Ría de Arousa, ata o lugar onde chegou a barca da pedra.

Ademais, tamén debe cumprirse a visita obrigatoria á igrexa parroquial de Santa Maria de Iria Flavia, antiga sede episcopal, a Fonte do Carme na que se representa a famosa Traslatio e o bautismo da Raíña Lupa, Santiaguiño do Monte que é o lugar onde predicou o apóstolo Santiago e o Pedrón, a pedra na que se amarrou a barca que trouxo os restos do apóstolo e que se atopa baixo o altar maior da igrexa parroquial de Santiago de Padrón.

O punto de saída será ás 9:30 horas en Santiago de Compostela e para apuntarse deberá facerse no teléfono 646 593 319 ou no correo turismo@padron.gal.

Comentarios