Un operario de Brión resulta ferido ao saltar da súa carretilla intres antes de envorcar

Un operario de Brión resulta ferido ao saltar da súa carretilla intres antes de envorcar
Un operario de Brión resulta ferido ao saltar da súa carretilla intres antes de envorcar

Unha persoa particular foi quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia

Un operario precisou asistencia médica en Brión ao saltar dun vehículo destinado a tarefas gandeiras, concretamente unha carretilla telescópica, uns instantes antes de que a máquina envorcase. Sucedeu na parroquia de Bastavales, uns minutos antes das 11:30 horas.

Unha persoa particular foi quen deu a voz de alarma ao 112 Galicia. Decontado, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local e da Garda Civil. Ademais, os axentes do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do GES de Brión e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentarios