Éxito solidario dos afeccionados do Santiago Futsal

Éxito solidario dos afeccionados do Santiago Futsal
Éxito solidario dos afeccionados do Santiago Futsal

O resultado foi a recollida de 130 litros de leite con data de caducidade afastada confiados ao club por afeccionados a título individual ou por colectivos

O Banco de Alimentos Rías Altas deu a coñecer hai poucos días a problemática que sufrían ao non dispoñer de nin un só litro de leite nos seus almacéns situados no Polígono do Tambre.

A entidade, que desde maio de 2010 traballa como Asociación de carácter social sen ánimo de lucro, ten como obxectivo principal recoller alimentos de procedencia moi variada para a súa posterior repartición entre as persoas máis desfavorecidas.

Os asistentes ao partido deste sábado entre o Santiago Futsal e o Manzanares FS, alertados polo club, tomaron acción e colaboraron ao deixar na entrada de Santa Isabel o seu pequeno granito de area.

O resultado foi a recollida de 130 litros de leite con data de caducidade afastada confiados ao club por afeccionados a título individual ou por colectivos como os Herdeiros do Sar, grupo de animación que asiste a Santa Isabel para apoiar ao club.

Desde o Santiago Futsal queremos agradecer a todos os participantes nesta acción solidaria e lembrarlles que poden colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas a través do correo santiago@balrial.org ou ben no teléfono 981 936 772.

Comentarios