Falece un motorista despois de colidir o seu vehículo contra un autobús

Falece un motorista despois de colidir o seu vehículo contra un autobús
Falece un motorista despois de colidir o seu vehículo contra un autobús

Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, a motorista atopábase inconsciente tras o impacto, aínda que liberada e accesible

Unha motorista perdeu a vida na tarde de hoxe tras colidir o seu vehículo contra un autobús mentres circulaba pola PO-316, á altura do punto quilométrico 3.200, no concello pontevedrés do Grove.

Ás 14:00 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que solicitaba axuda para unha persoa ferida despois de chocar a moto na que viaxaba cun autobús que, no momento do accidente, transportaba pasaxeiros dunha excursión. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, a motorista atopábase inconsciente tras o impacto, aínda que liberada e accesible.

De inmediato, desde o 112 Galicia, activouse un operativo que contou coa participación dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Salnés e tamén cos membros do GES de Sanxenxo e de Protección Civil da localidade.

Malia os esforzos dos equipos de emerxencia desprazados ata o lugar do sinistro, nada puideron facer por salvarlle a vida. Os axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local encargáronse de restablecer as condicións de seguridade na vía coa colaboración do persoal de mantemento das estradas. A pasaxe puido ser trasladada noutro autobús e ningún dos ocupantes resultou ferido.

Comentarios
Lo más