Unha muller ferida tras precipitarse dunha altura en Cambados

Unha muller ferida tras precipitarse dunha altura en Cambados
Unha muller ferida tras precipitarse dunha altura en Cambados

Ao fío das 17:30 horas da tarde de hoxe, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que solicitaba axuda para unha muller

Unha muller resultou ferida despois de precipitarse dende unha primeira planta no lugar de Laxe, no concello pontevedrés de Cambados.

Ao fío das 17:30 horas da tarde de hoxe, o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular que solicitaba axuda para unha muller que caera dunha altura de aproximadamente tres metros mentres trataba de mover unhas caixas.

De inmediato, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense para atender á ferida.

Ademais, co obxectivo de prestar apoio ao equipo médico do 061-Urxencias Sanitarias, desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como dos membros de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más