A Deputación e o concello de Ames investirán 357.303 para a renovación do campo de fútbol de Bertamiráns

A Deputación e o concello de Ames investirán 357.303 para a renovación do campo de fútbol de Bertamiráns
A Deputación e o concello de Ames investirán 357.303 para a renovación do campo de fútbol de Bertamiráns

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ames, José Miñones, asinaron onte o convenio polo que a institución provincial financiará o 80% do proxecto

A Deputación da Coruña e Concello de Ames investirán 357.303 euros nas obras de renovación do campo de fútbol de Bertamiráns, dotándoo dun novo terreo de xogo de céspede artificial de última xeración e dun graderío máis cómodo para os espectadores.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ames, José Miñones, asinaron onte o convenio polo que a institución provincial financiará o 80% do proxecto, cunha achega de 285.906 euros, mentres o Concello de Ames aportará o 20% restante.

O campo de fútbol de Bertamiráns acolle actualmente adestramentos e partidos oficiais de varios equipos locais, pero presenta un estado deficiente debido ao desgaste da fibra do terreo de xogo tras máis dunha década de uso intensivo.

Con este convenio, a Deputación e o Concello financiarán as obras de retirada do firme actual mediante un sistema sostible TurfMuncher que permita a súa reciclaxe ou reutilización e a instalación dun novo céspede de herba artificial de última xeración, que garante unha excelente función deportiva e técnica e que se instalará sobre unha superficie regular e previamente compactada.

O campo habilitarase para a práctica de fútbol 8 e fútbol 11, segundo os criterios reglamentarios da RFEF, e dotarase de novas porterías, redes e outro equipamento para a práctica do fútbol. Acometerase tamén a renovación do metacrilato dos banquillos, dado o seu mal estado.

MELLORA NAS GRADAS

As obras inclúen tamén unha mellora na grada existente, onde se instalarán asentos plásticos, de fácil mantememento e limpeza, para facilitar unha maior comodidade dos espectadores que a asisten aos partidos. 

Comentarios