Brión convoca a primeira Andaina pola igualdade e contra a violencia de xénero

Brión convoca a primeira Andaina pola igualdade e contra a violencia de xénero
Brión convoca a primeira Andaina pola igualdade e contra a violencia de xénero

A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse antes do 22 de novembro na Casa da Cultura ou chamando ao 981 50 99 69

O Concello de Brión convoca unha Andaina pola igualdade e contra a violencia de xénero, que terá lugar o sábado 30 de novembro, ás 10:00 horas. Unha ruta circular de 14 quilómetros, con saída e chegada na carballeira de Santa Minia. A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse antes do 22 de novembro na Casa da Cultura ou chamando ao 981 50 99 69.

A concelleira de Igualdade, Rosa Romero, anima a participar tanto á veciñanza de Brión como de municipios da contorna pois “será unha ruta apta para todas as idades, de dificultade moi baixa, con avituallamentos sólidos e líquidos e cun agasallo conmemorativo para todas as persoas que se animen”. A iniciativa están enmarcada dentro do proxecto “Brión en Negro”, ao que por segundo ano consecutivo se adhire o Concello de Brión para loitar contra a violencia de xénero.

Comentarios