Chuvias persistentes este domingo en Compostela

Chuvias persistentes este domingo en Compostela
Chuvias persistentes este domingo en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 13 e os 17 graos

Unha fronte activa asociada a unha borrasca localizada en Irlanda atravesará Galicia durante esta xornada. Deste xeito agardamos un día de ceos cubertos e chuvias persistentes e intensidade moderada.

 As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, pola contra as máximas sufrirán un descenso entre moderado e notable. Os ventos soprarán de compoñente sur, con algún refacho forte na madrugada e primeiras horas, pero tendendo a amainar coa chegada das precipitacións.


En Compostela haberá ceos anubrados e chuvias ao longo de todo o día. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente. No referido ó estado da calidade do aire, manterase bo en xeral.

Comentarios
Lo más