As edís de Deportes e Comercio acompañan a 300 peregrinos de #UP2u Project ao seu paso por Ordes

As edís de Deportes e Comercio acompañan a 300 peregrinos de #UP2u Project ao seu paso por Ordes
As edís de Deportes e Comercio acompañan a 300 peregrinos de #UP2u Project ao seu paso por Ordes

O grupo está formado por integrantes da iniciativa #Up2u Project que, dende o pasado mércores e ata este domingo, están a levar a cabo o III Camiño dos Valores

300 peregrinos e peregrinas de toda España completaron este sábado a etapa do Camiño Inglés que une as localidades de Bruma (Mesía) e Sigüeiro (Oroso). Un traxecto que na súa meirande parte transcorreu polo municipio de Ordes, onde fixeron escala na aldea de Poulo.

 O grupo está formado por integrantes da iniciativa #Up2u Project que, dende o pasado mércores e ata este domingo, están a levar a cabo o III Camiño dos Valores. Esta proxecto aglutina un equipo multidisciplinar que engloba a xuristas como José Antonio Vázquez Taín ou a canaria Reyes Montero. 

Tamén participan expertos en comunicación, emprego e educación, co obxectivo de crear as sinerxias necesarias para a integración plena dos menores en risco de exclusión social. Acompañándoos en todo momento estiveron as concelleiras de Deportes e Comercio, Ana Soneira e Yessica López respectivamente.


Comentarios