A primeira gran fronte fría do outono deixará ata 40 litros por m2 na Coruña, Ourense e Pontevedra

A primeira gran fronte fría do outono deixará ata 40 litros por m2 na Coruña, Ourense e Pontevedra
A primeira gran fronte fría do outono deixará ata 40 litros por m2 na Coruña, Ourense e Pontevedra

Comezará ao redor das 3,00 da madrugada na costa oeste da Coruña e irase desprazando cara ao leste ao longo do día



As chuvias arreciarán con forza este domingo en Galicia. Tanto AEMET como Meteogalicia activaron apra este domingo o aviso amarelo pola fronte fría que entrará polo oeste en Galicia e que deixará choivas intensas ao longo da xornada. En concreto, a alerta estenderase a partir de madrugada desde o litoral oeste da provincia da Coruña ata case todo o territorio de Ourense e Pontevedra.

Segundo a información da web de Meteogalicia, esta situación, debida a unha borrasca que se situará sobre Irlanda, deixará abundantes precipitacións que darán lugar a acumulacións de máis de 40 litros por metro cadrado.

En concreto, o aviso amarelo comezará ao redor das 3,00 da madrugada na costa oeste da Coruña e irase desprazando cara ao leste ao longo do día. Deste xeito, a partir das 21,00 e ata as primeiras horas do luns, a alerta xa só quedará activada na montaña ourensá.

Este será a primeira fronte fría do outono na Comunidade galega, que deixará choivas xeneralizadas en toda o territorio, aínda que máis abundantes no sur, e temperaturas máximas por baixo dos 20 graos na maioría de puntos. Tras un sábado cun tempo de transición, os primeiros ventos intensos e choivas abundantes entrarán polo oeste xa na madrugada e na mañá do domingo.

Comentarios
Lo más