O Parlamento de Galicia incorpora a tradución a linguaxe de signos á súa páxina web

O Parlamento de Galicia incorpora a tradución a linguaxe de signos á súa páxina web
O Parlamento de Galicia incorpora a tradución a linguaxe de signos á súa páxina web

O Parlamento de Galicia  incorporou a tradución a linguaxe de signos á súa páxina web para achegar os contidos ás persoas xordas, especialmente a aquelas que poidan presentar dificultades de comprensión lector


Segundo informou este sábado a institución que preside Miguel Santalices, a decisión procede das suxestións realizadas á Presidencia da Cámara por parte de asociacións e colectivos de persoas xordas.

O Parlamento lembra que nos últimos anos realizou unha convocatoria específica para persoas con discapacidade intelectual e traballa en dotar o Pazo do Hórreo con señalética orientada a persoas con trastorno do espectro autista.

Ademais, o xefe do Lexislativo galego anunciou que o Parlamento priorizará a mellora da accesibilidade dentro do plan director do edificio, que se atopa en fase de redacción.

Comentarios
Lo más