Primeira vitoria da tempada en Móstoles

Primeira vitoria da tempada en Móstoles
Primeira vitoria da tempada en Móstoles

O Santiago Futsal conseguiu a primeira vitoria da tempada e tres puntos fóra de casa moi importantes que certifican a gran melloría que están a experimentar os galegos


O Santiago Futsal viaxaba a Móstoles para enfrontarse a un recentemente ascendido situado na parte media da clasificación, ao contar xa con cinco puntos no seu haber despois das 4 xornadas disputadas ata o momento.

Os de David Rial, en liña ascendente ata o momento, querían traerse de volta o primeiros tres puntos da temporada e facelo na casa dun rival que aínda non coñecía a vitoria como local neste curso 2019-2020, pero que viña despregando un gran xogo.

Os equipos comezaron o partido buscado o seu gol a través de contragolpes. O alto ritmo e o bo xogo, ademais dunhas defensas férreas, fixeron que o marcador non se movese ao comezo do encontro.

O Santiago comezou a levar a iniciativa,  monopolizando a posesión e forzando perdas do rival. Brais probou fortuna desde a súa portería ao ver ao meta rival adiantado, pero non o conseguiu por pouco. Dous minutos despois  Kiki tentouno cun disparo á escuadra, pero o meta galego despexou a córner.

Co paso dos minutos foi o Móstoles o que buscou adiantarse no electrónico e darlle a volta á situación, aínda que tamén sen éxito. Para desgraza dos brancos, e a falta de 30 segundos para o final da primeira parte,  Nito foi expulsado ao realizar mal o cambio e levar a segunda amarela.

A segunda parte, que comezou co empate a cero inicial, continuou coa tónica coa que terminara a primeira. Carlos buscou o gol para o Móstoles con dúas ocasións seguidas, e  Chispi conseguiu ao fin o primeiro no minuto 26.

O Santiago tentou reaccionar a través de  Peerapat, pero  Tarsa, porteiro local, non daba opción. As ocasións sucedíanse, pero a escuadra santiaguesa non as  materializaba.

A partir de aí o partido toleou, cos David Rial dominando o encontro e dándolle a volta ao marcador.  Brian perforou a portería rival desde 15 metros a falta de seis minutos para o final, poñendo as táboas. Alberto Mirás no 37 adiantou aos brancos e Pirata roubou un balón no 39 que puxo o encontro en 1-3. E, cando todo parecía rematar, a falta de 40 segundos recortou distancias o Móstoles grazas a  Pichón.

Os santiagueses apertaron os dentes e aguantaron ata o final, conseguindo a súa primeira vitoria da tempada e tres puntos fóra de casa moi importantes que certifican a gran melloría que están a experimentar os galegos.

“Competimos moi ben contra un equipo que nolo puxo enormemente complicado xa que viñan dunha boa dinámica en liga ata o momento. Soubemos sufrir pese ir a detrás e estivemos maduros mantendo a cabeza fría para darlle a volta ao marcador. Isto é un premio ao esforzo e á constancia destes tres meses por parte de todo o equipo, quero dar o parabén aos xogadores. É a nosa primeira alegría e seguiremos traballando para conseguir máis.” afirmou David Rial despois do partido.

O equipo puxo rumbo á capital galega nada máis terminar o encontro. Mañá será día de recuperación e o luns o grupo comezará a preparar o choque contra o  Aljucer Pozo de Murcia, partido que se disputará nun horario e día pouco habitual ao celebrarse o venres 18 ás 21:00.


Comentarios